Archivo de la etiqueta: Compostela

Borrador «Sabes canto pagas polo lixo e por que?»

Dentro da partida de concienciación ambiental ligada ao contrato de lixo e limpeza viaria, temos a intención de enviar un cartaz informativo encetado na factura de auga, a cal chega a máis de 50.000 fogares e negocios en Compostela.

Os contidos do cartaz serían sobre a taxa do lixo, os costes e o porqué dos mesmos, con datos e mensaxes presentados a través de infografías. Un borrador dos contidos a continuación:

Cartaz “Sabes canto pagas polo lixo e por que?”

Sabes canto pagas pola recollida e o tratamento do lixo que xeras no teu domicilio?

Cada ano pagas 74,04 euros, o que supón 6,17 euros ao mes. Se superas os 10 metros cúbicos de consumo de auga tes que abonar un extra.

Sabes canto lle custa ao Concello este servizo?

En 2015 pagámoslle a Urbaser 3,7M€ pola recollida, a Sogama 2,9M€ polo tratamento, e a Viaqua 0,23M€ pola emisión de recibos e recadación do lixo. En total, custoulle ao Concello case 7M€.

Sabes como podemos reducir custos?

Moi fácil: o Concello paga polo lixo do contedor verde, e ingresa polo recollido nos contedores amárelo, azul e verde, sempre que neles haxa o tipo de residuo que ten que haber. Canto máis e mellor se utilicen os contedores de recollida selectiva, menos custará o servizo.

Sabes como che vai beneficiar a ti que o Concello reduza o gasto no servizo?

O que pagas pola recollida do lixo non é un imposto, é unha taxa. O seu obxectivo é únicamente cubrir o custo do servizo prestado. Así que se o Concello paga menos, vaiche cobrar menos, por lei.

Sabes que en Compostela temos moito que mellorar na recollida selectiva?

En Santiago depositamos menos dun 13 % dos residuos nos contedores de recollida selectiva. A obriga fixada pola Unión Europea para 2020 é do 50 por cento. Outras cidades xa case o conseguiron.

Polo peto e tamén polo medio ambiente, axúdasnos a que Compostela non se quede á cola?

Lembra: a recollida selectiva só ten vantaxes
Usa ben os contedores:
O amárelo para envases lixeiros e latas.
O azul para papel e cartón.
O iglú verde para o vidro.

Share