Archivo de la etiqueta: Santiago de Compostela

PSOE e PP son a mesma cousa

Unha das leccións aprendidas tras un mes e pouco no Concello de Santiago é que PSOE e PP son a mesma cousa, as súas propostas e intereses son idénticas, so cambian na forma de explicalo nos medios. 

Compostela Aberta (CA) foi a forza política máis votada nas eleccións de maio. No seu programa apostaba claramente pola Compostela Social, pola reducción da pobreza e da exclusión social, sendo un dos temas centrais da campaña a proposta da Rede Galega contra a Pobreza para Santiago:  Dobrar o investimento social, de 55€/hab/ano a 110€/hab/ano, chegando á media do resto de concellos galegos.

Cando nos vimos co PSOE de Paco Reyes o 4 de xuño, unha das súas 6 condicións para apoiar a investidura era incrementar x3 o gasto social. Ao PSOE non lle chegaba con dobralo, tal e como propuña CA, o PSOE esixía triplicalo: 160€/hab/ano en investimento social para 2019. Ah!, por fin volveron os socialistas? Non, era so un xesto de cara a galería, pura hipocresía (de pequenos a esto lle chamábamos «mentir», pero non é unha palabra politicamente correcta).

En números gordos:

  • O orzamento do Concello de Santiago en 2015 é de 102M€ [1], sen incluir as empresas municipais.
  • O investimento social en 2015 suma 5M€ [2], case o 5% do orzamento municipal anual.
  • A proposta de CA e A Rede Galega contra a Pobreza implica dobrar o gasto social, é dicir,
    5M€ máis. O PSOE esixía, en teoría, elevalo en 10M€.

O PP e o PSOE son o mesmo. A diferencia limítase ao que contan nos medios:

O PP vai de cara, é dicir, venden a falsa recuperación económica para defender a baixada de impostos. Total, menos ingresos públicos, menos servizos públicos, máis negocio. O seus grandes éxitos de xestión inclúen depuradoras que non depuran (Ferrol) e hospitais públicos con servizos privados (Vigo). Son cabezóns, pero van de cara, cara o austericidio. Foinos tan ben coa estratexia austericida…

O PSOE esixe publicamente o aumento do gasto social, tripicalo, pero rebaixando os ingresos fiscais. Gastar 10M€ máis cada ano nun orzamento total de 102M€, pero ingresando menos. Claro…. Déixame revisar o meu libro de matemáticas de 2º de EGB, a ver onde saía a operación «multiplicación dos panes e dos peces»… Hipocresía, cinismo, disfrazados cunha flor na palabra socialistas.

Compostela é a cidade galega:

  • Con maior renda per cápita, con diferencia.
  • Con menor tipo de IBI de Galicia. Por exemplo, Vigo ten un tipo do 0,90, Santiago do 0,54.
  • Con menor inversión social per cápita de 6 das 7 cidades [3].

É normal que o PSOE se afundira nas eleccións de maio en Santiago. Para apostar polo neoliberalismo e o austericidio, a xente prefire votar aos profesionais do PP, polo menos van de cara. Sendo unha mala copia do PP, os socialistas de Santiago están abocados á irrelevancia electoral.

O problema é que as 18.000 persoas en risco de exclusión e pobreza, as persoas que máis sufriron os efectos da crise e as políticas de debilitamento dos servizos públicos, non poden esperar outros 4 anos por unha maioría absoluta de CA.

O bo de ter sido xerente e administrador de empresas durante 13 anos na miña vida profesional anterior, é que sei que os números non minten, minten as persoas. Esperaba algo máis dos socialistas e da súa suposta socialdemocracia. Pensaba que aprenderan a lección. Era un  inxenuo. Welcome to the jungle.

 

Links a datos públicos:

[1] Orzamento de ingresos previstos para 2015 (pdf)

[2] Orzamento de gasto social en 2015: Asistencia social primaria + UMAD (Unidade municipal atención á drogodependencia) + Atención á Muller + Atención a persoas migrantes

[3] Inversión social per cápita das 7 cidades, ano 2013: Lugo, 157 €/hab/ano; Ferrol, 109 €/hab/ano; A Coruña, 95€/hab/ano; Ourense 85€/hab/ano; Vigo, 67€/hab/ano; Santiago, 56 €/hab/ano; Pontevedra, 49€/hab/ano. 

 

Share

Notas sobre iniciativa «Santiago concello transparente»

Título e descripción: «Santiago concello transparente: contas á vista de todas». Iniciativa para dotar de transparencia ás contas do Concello de Santiago.

Obxectivo: Fundamentar unha proposta programática para as eleccións municipais, idealmente en colaboración con outras forzas políticas e grupos cidadáns.

Susceptibles de ser transparentados:

  • Orzamento anual, con triple clasificación económica (en que), funcional (para que) e orgánica (por parte de quen).  A previsión de gasto, informa sobre as intencións de gasto.
  • Execución orzamentaria, perioricidade trimestral, ao mismo nivel de detalle que o orzamento anual. A realidade da aplicación de gasto, informa do cumplimento ou incumplimento do orzamento.
  • Libros maiores e menores de contabilidade. De escaso valor analítico.
  • Adxudicacións e facturas. Proveedores do concello, quen fai que e por canto.
  • Calendario de pagos a proveedores. Cumprimento ou incumprimento de prazos de pago.

Referencias (proporcionadas por Félix Ontañón):

  • Xixón, triple clasificación a nivel de concepto e múltiples formatos de descarga.
  • Gavá, como Xixón e ferramenta de visualizacións.
  • Zaragoza, referencia principal de open data para execución orzamentaria.

Movementos cidadáns relacionados:

Agradecementos: Fundación Civio, Félix Ontañón, Observatorio Ciudadano Municipal

Share

Notas – Cineclube Equo «Oligopoly2»

Equo Compostela celebró ayer miércoles el evento «Cineclube Equo: Oligopoly2», con la participación de Som Energía, Nosa Enerxía Cooperativa y Plataforma por un Nuevo Modelo Energético.

Cineclube Equo Oligopoly2

Cineclube Equo Oligopoly2

Tras el visionado del documental, debatimos con las personas asistentes durante unos 45 minutos. Me gustaría hacer una breve mención a tres de las cuestiones citadas durante el debate:

1) Las primas a las energías renovables no son subvenciones a fondo perdido.

Efectivamente, las renovables reciben una prima por kW producido. Sin embargo, al entrar en el sistema a 0 €, reducen el precio de la electricidad. Lo que hemos ahorrado en el precio de luz con las renovables, compensaría de forma total o parcial sus primas.

2) La regulación del Gobierno es contraria a la lógica.

«¿Quién no ha cambiando sus bombillas por unas de bajo consumo?… ¿Y esa inversión en ahorro de consumo ha reducido nuestro recibo de la luz? No, en absoluto.»

La regulación de un teórico mercado liberalizado -oligopolio regulado, en realidad-, ha provocado un incremento del precio de la electricidad a pesar de una reducción en la demanda. Es más, al aumentar el coste en el porcentaje de la factura relativo a la potencia instalada (coste fijo) y reducir el del consumo (coste variable), el Gobierno encarece más aún nuestra factura y desincentiva el ahorro. Un sinsentido.

3) No se trata sólo de dinero, queremos poder decidir.

El debate no se limita al precio, qué hacer para pagar menos. Una parte de la población quiere poder decidir cómo producir y consumir electricidad. Las renovables ofrecen la posibilidad de producir energía para autoconsumo con una inversión reducida.

Ya sea de forma colectiva a través de cooperativas de energía renovable como Som Energía o Nosa Enerxía, o de forma individual instalando paneles de energía solar, el desarrollo de las energías renovables ha pertimido democratizar la producción de energía. Las energías renovables empoderan la soberanía energía ciudadana.

Share